ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA DEPARTAMENTO DE ALEMÁN

Ähnliche Dokumente
Traducción directa e inversa (alemán) 2

Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo

Programación DIDÁCTICA GUITARRA Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Lingüística Grega II

Programación Conxunto Guitarra

Apelidos e nome da persoa candidata:... - Proba de certificación. Nivel básico. * Comprensión oral TOTAL 25 PUNTOS

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA. Literatura Latina 1. Helena de Carlos Villamarín

- Proba de certificación. Nivel básico

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL INTERMEDIO. Alemán. Comprensión oral TOTAL 25 PUNTOS. TOTAL máx. 35 MINUTOS

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Literatura en lingua alemá desde 1989

ALEMÁN. Opción 1 WAS MEINEN SIE ÜBER DIE SITUATION DER AUSLÄNDER IN IHREM LAND? (ZWISCHEN 60 UND 100 WORTE)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ALEMÁN. NIVEL INTERMEDIO (B1 do MCERL 1 ) CURSO INTERMEDIO 1

Literatura alemá dende os inicios ata o Barroco

Traducción directa e inversa Alemán 1

Bund-Länder Inspektion Deutscher Schulen im Ausland Informationen für die Schulen

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

PAU XUÑO 2011 DEBUXO ARTÍSTICO II

PROGRAMAS DOCENTES DO DEPARTAMENTO DE PEDAGOXÍA ESPECIALIDADE PEDAGOXÍA DA LINGUAXE MUSICAL PLAN LOXSE

PROGRAMACIÓN DE VIOLA

PAU XUÑO 2018 ALEMÁN OPCIÓN A

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE MONFORTE

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Alemán Curso 2017/2018 2

REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA

XUÑO 2018 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA: ALEMÁN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ALEMÁN

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE ALEMÁN

RESULTADOS DE LA PRUEBA INICIAL DE CLASIFICACIÓN. Curso. Documento para adjuntar a la Solicitud de plaza

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

Modelo MATERIA: ALEMÁN (OPCIÓN A)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE ALEMAN

GERMAN version below

Programación DIDÁCTICA ACORDEÓN Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

INSTRUCCIONES GENERALES Y CALIFICACIÓN

Fachbereich Sprachen und darstellende Kunst. Vorname :... Nachname(n):... Deutsch. Sommer 2016

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

PAU XUÑO 2016 ALEMÁN OPCIÓN A

PAU XUÑO Código: 13 ALEMÁN OPCIÓN A

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

Literatura alemá desde os seus inicios ata o Barroco

UNIVERSIDADES DE ANDALUCÍA PRUEBA DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD

PAU XUÑO 2014 ALEMÁN OPCIÓN A

PAU XUÑO Código: 13 ALEMÁN OPCIÓN A

Pontificia Universidad Católica del Ecuador

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA SUMARIO: TEXTO:

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

PAU XUÑO Código: 13 ALEMÁN OPCIÓN A

XEFATURA DO ESTADO LEI 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera. («BOE» 275, do

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO OPCIÓN A

SEGUNDO DE GRAO PROFESIONAL PARTE I PROBA DE GUITARRA

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Vivir y trabajar en Braunschweig Solicitar empleo en Alemania. presentado por Alexandra Delacor

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Literatura alemá desde o Posromanticismo ata o Realismo

Escuela Oficial de Idiomas de Málaga PIC 2017 Departamento de Alemán

Das deutsche internationale Abitur (DIA) an der DSB

PRUEBAS DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD PARA EL ALUMNADO DE BACHILLERATO 136 ALEMÁN. SEPTIEMBRE 2014

Cancioneiro tradicional Galego: Instrumentos pobres na Escola

JORNADA 1 ( */ ) JORNADA 2 (09/ )

PRUEBA DE CERTIFICACIÓN NIVEL BÁSICO ALEMÁN MUESTRA CONVOCATORIA ORDINARIA. COMPRENSIÓN DE LECTURA Duración de la prueba: 45 minutos

Identificación del material AICLE

EVALUACIÓN DE BACHILLERATO PARA EL ACCESO A LA UNIVERSIDAD 205 ALEMÁN. JUNIO 2018

Schreibtisch auf Zeit

PROGRAMA ALEMÁN A2 OBJETIVOS CONTENIDOS

Panorama da Literatura Alemá 2

EVALUACIÓN DE BACHILLERATO PARA EL ACCESO A LA UNIVERSIDAD 205 ALEMÁN. SEPTIEMBRE OPCIÓN A Länger oder kürzer schlafen? Die Zeitumstellung.

ESPECÍFICA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO DE IDIOMA ALEMÁN COMPRENSIÓN ORAL

EVALUACIÓN DE BACHILLERATO PARA EL ACCESO A LA UNIVERSIDAD 205 ALEMÁN. JUNIO 2017

Panorama da literatura alemá 1

PRUEBA ESPECÍFICA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL AVANZADO DE ALEMÁN JUNIO 2013 COMPRENSIÓN ORAL

Código: Créditos ECTS: 6. Titulación Tipo Curso Semestre Traducción e Interpretación OB 2 1. Uso de idiomas

HSK Unterricht in Heimatlicher Sprache und Kultur CICO Cursos de Idioma y Cultura maternos

MINISTERIO DE FACENDA MINISTERIO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA REAL DECRETO 1098/2001, do 12 de outubro, CORRECCIÓN de erros do Real decreto

El diario de lectura

PRUEBA ESPECÍFICA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL AVANZADO DE ALEMÁN JUNIO 2014 COMPRENSIÓN ORAL

Study (s) Degree Center Acad. Period

Hamburgo. Acceso para alumnos. Zugang für Teilnehmer

Rama de Ski Centro de Padres del Colegio Alemán de Santiago

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Código: Créditos ECTS: 6. Titulación Tipo Curso Semestre Traducción e Interpretación OB 2 2. Uso de idiomas

PRUEBAS DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD PARA EL ALUMNADO DE BACHILLERATO 136 ALEMÁN. SEPTIEMBRE 2015

PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA 16-17

Unterrichtsmaterialien in digitaler und in gedruckter Form. Auszug aus:

HSK Unterricht in Heimatlicher Sprache und Kultur CICO Cursos de Idioma y Cultura maternos

GUÍA DOCENTE DE LA ASIGNATURA

Deutsche Schule Madrid

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Identificación del material AICLE

TRÁMITE EN LÍNEA DE CONVALIDACIÓN DE ESTUDIOS DE PREESCOLAR, BÁSICA Y MEDIA

AA/SAR-SAL/Rd INFORMACIONES EPS 708. Información de producto Diesel - EPS 708

El sistema educativo. Estructura

Escuela Oficial de Idiomas de Málaga PIC 2017 Departamento de Alemán PRUEBA INICIAL DE CLASIFICACIÓN CURSO

Transkript:

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA DEPARTAMENTO DE ALEMÁN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2017-2018

2 ÍNDICE XERAL O DEPARTAMENTO DE ALEMÁN DA EOI DE PONTEVEDRA... p. 3 ASIGNACIÓNS DE CURSO... p. 13 NORMATIVA DE AVALIACIÓN...... p. 14 PROGRAMACIÓN DO NIVEL BÁSICO...... p. 23 PROGRAMACIÓN DO NIVEL INTERMEDIO... p. 70 PROGRAMACIÓN DO NIVEL AVANZADO... p. 116 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS...... p. 150 SINATURAS.. p. 152

3 O DEPARTAMENTO DE ALEMÁN DA EOI DE PONTEVEDRA GRUPOS DE ALEMÁN NO CURSO 2017-2018... p. 4 FINALIDADE E OBXECTIVOS DO ENSINO DE ALEMÁN DENTRO DAS ENSINANZAS DE IDIOMAS DE RÉXIME ESPECIAL... p. 4 METODOLOXÍA... p. 4 1. Enfoque metodolóxico do ensino de alemán... p. 4 2. Liñas xerais da atención á diversidade... p. 6 3. A acción titorial dentro das estratexias de atención á diversidade... p. 7 PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN... p. 7 RECURSOS... p. 8 1. Membros do departamento... p. 8 2. Materiais e recursos didácticos do departamento... p. 9 3. Recursos de alemán na biblioteca... p. 9 4. Planificación de novas adquisicións... p. 10 5. Procedementos para identificar e canaliza-las necesidades de formación dos membros do departamento... p. 10 PROCEDEMENTOS DE SEGUIMENTO DO DESENVOLVEMENTO E RESULTADOS DA PROGRAMACIÓN... p. 11 PROCEDEMENTOS PARA REALIZAR A EVALUACIÓN INTERNA DO DEPARTAMENTO... p. 12

4 GRUPOS DE ALEMÁN NO CURSO 2017-2018 No presente curso 2017-2018 o departamento de Alemán imparte docencia a 15 grupos de alumnos da EOI e catro cursos de CEFOR (dous cada semestre, distribuídos coma segue: 1º de NB, seis grupos: AL-NB1-1, AL-NB1-2, AL-NB1-3, AL-NB1-4, AL-NB1-5, 2º de NB, catro grupos: AL-NB2-1, AL-NB2-2, AL-NB2-3, AL-NB2-4, 1º de NI, dous grupos: AL-NI1-1 AL- NI1-2 2º de NI, dous grupos: AL-NI-2-1, AL-NI2-2 1º de NA, un grupo: AL-NA1-1 2º de NA, un grupo: AL-NA2-1 CEFOR, NB1, dous grupos AL-NB1.1,, AL-NB1.2 CEFOR, NB2, dous grupos AL-NB2.1,, AL-NB2.2 Asemade realizaranse actividades extraescolares para atender as necesidades dos grupos de alemán sempre que sexa posible. FINALIDADE E OBXECTIVOS DO ENSINO DE ALEMÁN DENTRO DAS ENSINANZAS DE IDIOMAS DE RÉXIME ESPECIAL O ensino do departamento de alemán desta escola oriéntase polos obxectivos xerais establecidos no Decreto 191/2007, do 20 de setembro, onde se define a finalidade do ensino de idiomas de réxime especial (Artigo 2º, 1). Os obxectivos xerais para os niveis básico (Artigo 9º, 2 do Decreto 191/2007) e intermedio (Artigo 10º, 2 do mesmo) veñen detallados nas seccións correspondentes á programación dos niveis básico e intermedio deste documento. Asemade, a sección correspondente á programación do nivel avanzado recolle os obxectivos xerais para este nivel enunciados no Decreto 239/2008, do 25 de setembro (Artigo 3º e Anexo I, apdo. 2.1). METODOLOXÍA 1. Enfoque metodolóxico do ensino de alemán A metodoloxía didáctica adoptada no departamento ten, nos seus aspectos xerais, un carácter comunicativo baseado nos principios do enfoque orientado á acción adoptado no MECR. Tal enfoque céntrase tanto nas competencias xerais do alumno coma nas competencias lingüístico-comunicativas, pragmáticas e sociolingüísticas.

5 Consonte a isto, as técnicas de ensino e aprendizaxe terán como base o método de aprendizaxe baseado en tarefas que simulen ou recreen situacións comunicativas reais. No transcurso da realización das tarefas de aprendizaxe, o alumno empregará as estratexias comunicativas e de aprendizaxe mediante as cales activará e desenvolverá as súas competencias tanto xerais coma comunicativas. O traballo por tarefas permitirá ao alumno polo tanto desenvolver unha autonomía persoal no relativo á aprendizaxe de linguas que lle permita a longo prazo facerse cargo da súa propia aprendizaxe. Asemade, o traballo con tarefas comunicativas, pola implicación das diversas competencias xerais relativas ao coñecemento do mundo e as capacidade de interacción social por un lado, e das competencias sociolingüísticas polo outro, contribuirán tamén a unha reflexión intercultural que favorezan a tolerancia e o respecto por outras culturas. O deseño e desenvolvemento das tarefas de aprendizaxe orientarase nas necesidades, intereses e experiencias previas e estilos de aprendizaxe dos alumnos. Os principios metodolóxicos a seguir pódense polo tanto enumerar como segue: 1. Aprendizaxe centrada no alumnado e nas súas necesidades, tendo en conta, para implica-lo alumnado na súa aprendizaxe: Tendo en conta ao alumno para deseñar as tarefas de aprendizaxe e solicitándolle que achegue os seus coñecementos e particularidades persoais ao grupo Tendo en conta os distintos estilos de aprendizaxe presentes no grupo Considerando os coñecementos previos que forman parte da competencia xeral ou lingüística do alumno, axudándolle a activar estas na realización das tarefas propostas Desenvolvendo a capacidade de autoavaliación como factor orientador da súa aprendizaxe. Fomento do desenvolvemento da autonomía persoal na súa aprendizaxe de idiomas 2. Reflexión do docente sobre o proceso de ensino e aprendizaxe para adoptar os enfoques metodolóxicos máis axeitados cara á realización dos obxectivos no grupo en cuestión. 3. Desenvolvemento de actitudes e valores como o pluriculturalismo e o plurilingüismo a través da posta en contacto do desenvolvemento do dominio lingüístico comunicativo co desenvolvemento das capacidades que se exercitan ao relacionarse con outras culturas. Isto implica procesos de comparación e reflexión interculturais.

6 4. A variación nas formas de socialización e de traballo na aula para axeitalos ás distintas fases e características das actividades e os papeis respectivos dos alumnos e o profesor no desenvolvemento das tarefas de aprendizaxe. 5. Atención á diversidade (ver 2. abaixo) 6. Creación de contextos na aula con situacións que simulen as actividades lingüísticas comunicativas e centren o ensino no alumno e nas súas necesidades. 2. Liñas xerais da atención á diversidade Malia que o ensino de EEOOII está dirixido nomeadamente a un alumnado adulto, unha característica principal do alumnado de EEOOII consiste nunha grande heteroxeneidade en base a factores como: Motivacións diversas para aprender idiomas (necesidades profesionais, formativas, culturais, recreativas, etc.) Perfís lingüísticos (dominio e / ou coñecemento e un ou máis idiomas; experiencia previa na aprendizaxe de idiomas) Formación Estilos de aprendizaxe Idade (a considerar especialmente no caso das persoas maiores) Capacidades (con variables tan diversas como alumnos con necesidades especiais na escrita ou oralidade; altas capacidades xerais ou específicas para a aprendizaxe de linguas; discapacidades de distinto tipo, trastornos emocionais, etc.). Esta realidade impón considerar e no seu caso incorporar medidas de atención á diversidade que afectan a metodoloxía didáctica aplicada nos distintos grupos. En primeiro lugar, e como principio xeral, hai que ter en consideración algúns principios básicos propios da educación de adultos, como a necesidade que teñen estes de coñecer as razóns polas que se lles propón aprender determinadas cousas e non outras. Entre outras cousas faranse explícita a metodoloxía xustificándoa cara ós obxectivos das actividades propostas; realizaranse actividades de autoavaliación para determinar o nivel de competencia nas distintas áreas e destrezas e axudarlles aos alumnos a definir as propias necesidades de aprendizaxe, etc. Con ilo foméntase o desenrolo da autonomía na aprendizaxe e se fai xustiza á necesidade que teñen os alumnos de seren tratados como persoas autónomas e capaces de dirixir a súa propia aprendizaxe e relacionar o aprendido na aula coa súa experiencia vital. Outras medidas de atención á diversidade consistirán en que os profesores a cargo dos distintos grupos deberán: Identificar en cada grupo todas as diferencias referidas máis arriba e elaborar as estratexias axeitadas para poder atendelas, que consistirán en:

7 Ofrecer atención individualizada nas titorías Constituír grupos de traballo no interior das aulas e agrupar aos alumnos baseándose na similitude nos estilos de aprendizaxe, idades, capacidades, etc.) Ofrecer oportunidades de autoaprendizaxe e información que as facilite a través da bibliografía axeitada e as TICs (aulas virtuais, páxinas de aprendizaxe online) Organizar obradoiros dedicados a temas e destrezas máis concretos en función dos intereses particulares dos alumnos Organizar clubs de conversación Ofrecer un catálogo de actividades lectivas complementarias, se é o caso No referente ás probas de avaliación levaranse no seu caso a cabo as adaptacións de tempo e medidas que prevé a normativa no caso de que a diversidade de capacidades de aprendizaxe ou dificultades debidas diversas discapacidades o requiran (Ver "Adaptación das probas ao alumnado con discapacidade" en Normativa de avaliación). 3. A acción titorial dentro das estratexias de atención á diversidade A acción titorial enténdese neste contexto das EEOOII como unha das medidas de atención á diversidade a través das horas de titoría. Sen entenderse estas coma "clases particulares", póñense á disposición daqueles alumnos que precisan apoio extra en determinadas destrezas ou aclaración en temas relativos ás materias impartidas, asesoramento en técnicas de estudio, etc. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Ademais da valoración do grao de dominio por parte do alumno dun idioma, o concepto de avaliación nas EEOOII abrangue a valoración da idoneidade da programación proposta da eficacia dos métodos de ensino aplicados da eficacia das estratexias de aprendizaxe utilizadas polos alumnos Tanto na Orde do 8 de setembro de 2008 sobre avaliación e cualificación do alumnado de EEOOII como na Circular 19/2007, distínguense os seguintes tipos de avaliación: Avaliación de progreso Avaliación de aproveitamento (que determina a promoción nos cursos non terminais) Avaliación final de dominio ou certificación (nos cursos terminais) Pola súa relevancia con respecto a aspectos da metodoloxía coma a atención á diversidade, a acción titorial e o seguimento do desenvolvemento e resultados da

8 programación, destaca aquí a avaliación de progreso como práctica que, nas súas distintas modalidades (inicial de diagnóstico, formal ao termino do primeiro cuadrimestre, auto e coavaliación) permite: Identificar os coñecementos, capacidades e intereses dos alumnos ao inicio do curso, co fin de programar as tarefas de aprendizaxe a levar a cabo ao longo do curso (avaliación inicial) (Orde do 8 de setembro de 2008, Cap. I, Art. 3º, 1.b) Detectar aqueles aspectos da programación didáctica que precisan maior atención ou, se é preciso, adaptar aquela (metodoloxía, contidos) ás necesidades dos alumnos, dentro das medidas de atención á diversidade Informar aos alumnos do seu grao de logro dos obxectivos propostos, dentro do marco da acción titorial, e prestarlles a axuda necesaria nos casos que o precisen cara a acadar os obxectivos do curso. Consonte a este plantexamento da avaliación como factor que ofrece aqueles datos que permiten controlar tanto os progresos na aprendizaxe dos alumnos coma a idoneidade da programación e os seus métodos, aplícanse ao longo do curso os seguintes instrumentos de avaliación: Seguimentos regulares do desenvolvemento da programación Diagnósticos de avaliación inicial a través das actividades de repaso de inicios de curso e actividades de autoavaliación mediante o uso dos descritores de competencias do Portfolio e follas de autoavaliación como por exemplo as propostas nos manuais empregados. Controles de progreso e actividades de autoavaliación a intervalos regulares As probas parciais de progreso como procedementos formais de avaliación tanto nos cursos non terminais coma nos terminais Os criterios utilizados na avaliación do grao de consecución dos obxectivos expóñense en detalle nas seccións correspondentes dos programas de cada un dos cursos. A normativa legal reguladora das actividades de avaliación para a promoción de cursos e certificación de niveis queda exposta no capítulo desta programación adicado á normativa de avaliación a aplicar de acordo coa Orde do 8 de setembro de 2008. RECURSOS 1. Membros do departamento Neste curso escolar o departamento de alemán contará co seguinte persoal docente: Vázquez Ruano, Rafael (xefe do dpto.) Aykan, Bartug Barreiro García, Mª Carmen Lago Schramm, Mª Isabel Rivera Castiñeiras, Santiago Schönborn, Marisa (axudante de lingua)

9 A axudante de lingua colaborará nas actividades do departamento ata finais de maio. Realiza de forma xeral períodos de 45 minutos de clase adicados a conversación e contidos socioculturais unha vez á semana a cada grupo. Asemade dirixirá un taller de para alumnos de nivel avanzado. 2. Materiais e recursos didácticos do departamento O departamento conta con fondos, que abranguen os seguintes tipos de materiais: Libros de texto dos cursos actualmente impartidos e outros Libros de lectura recomendada para o curso actual e outros Materiais didácticos sobre aspectos da sociedade e cultura dos países de fala alemana, as distintas destrezas (C.O., C. de L., E.O., E.E.) e competencias (léxico, gramática, etc.). Os materiais inclúen libros de actividades, carteis e transparencias, material audiovisual. Xogos didácticos Obras de consulta, como diccionarios bilingües e monolingües, gramáticas, obras sobre historia e cultura dos países de fala alemana Películas alemanas Dous ordenadores con conexión a internet, a través do cal se poden descargar materiais auténticos para a súa posterior utilización na aula: audicións de entrevistas e boletíns de noticias; textos de lectura obtidos p.ex. das edicións electrónicas dos principais diarios en lingua alemana, receitas de cociña, etc.* *) Recursos informáticos nas aulas: Asemade, ademais dos recursos máis tradicionais (p.ex. retroproxectores), nas aulas do centro, disponse actualmente de ordenadores para proxeccións, canón para presentacións en PowerPoint, e acceso a internet. 3. Recursos de alemán na biblioteca Os fondos de alemán na biblioteca do centro contan cos seguintes materias: Libros de texto dos cursos actualmente impartidos e dos cursos anteriores Libros de lectura recomendada para o curso actual e os anteriores Materiais didácticos sobre aspectos da sociedade e cultura dos países de fala alemana, as distintas destrezas (C.O., C. de L., E.O., E.E.) e competencias (léxico, gramática, etc.). Obras de consulta, coma diccionarios bilingües e monolingües, gramáticas, obras sobre historia e cultura dos países de fala alemana

10 Recentemente vense adquirindo para a biblioteca películas comerciais (en DVD) e máis libros de banda deseñada, literatura xuvenil e bestsellers internacionais en lingua alemana. O obxectivo desta iniciativa de adquisición é: a) contribuír á activación do uso da biblioteca por parte dos alumnos do centro b) animar aos usuarios da biblioteca á lectura en alemán a través dunha oferta de textos que sexan atractivos polo seu valor de entretemento e abrangan diversos niveis de dificultade. 4. Planificación de novas adquisicións As adquisicións para o departamento e a biblioteca son acordadas polos membros do departamento en función tanto das necesidades para o ano escolar en curso coma para o curso vindeiro. A tal fin, o xefe de departamento efectúa unha enquisa entre os membros do departamento para explora-las necesidades de novas adquisicións. Isto faise en tres etapas do curso: No primeiro cuadrimestre, en canto se comunica ao departamento o importe da asignación de gastos correspondente ao cuadrimestre. No segundo cuadrimestre, unha vez que se coñece o importe da asignación de gastos correspondente. Eventualmente a finais do curso, cando se elabora a memoria final e se valora a adecuación dos materiais empregados no ano en curso cara ao próximo ano escolar. No referente ás adquisicións para a biblioteca, os criterios empregados para planificalas novas adquisicións inclúen, a mais das necesidades obvias de esta dispor dos materiais de consulta, libros de lectura e libros de texto axeitados, tamén fomenta-la lectura en lingua alemana e, en xeral, a dinamización do uso da biblioteca por parte dos alumnos. Neste sentido vense adquirendo semanalmente a acreditada revista Der Spiegel. 5. Procedementos para identificar e canaliza-las necesidades de formación dos membros do departamento Segundo o Decreto 191/2007 (Cap. III, Art. 12º), as actividades formativas dos profesores membros do departamento se consideran parte das medidas de apoio ao currículo, que terán como obxectivo o perfeccionamento da práctica educativa. Polo tanto, os profesores desenvolverán actividades formativas con carácter periódico. Atendendo ao anterior, a Consellería de E. e OU. realiza unha oferta de actividades formativas congruente cos programas educativos a través dos CFRs e outros organismos, que se dan a coñecer a través de catálogos de publicación anual. Esta oferta formativa está dirixida ao profesorado interesado individualmente en certas materias.

11 Pola súa banda, as direccións dos centros elaboran anualmente plans de formación e actualización (PFAC) que transmiten aos CFRs locais, onde se recollen as demandas e propostas específicas de formación por parte dos membros dos claustros. A información precisa para a elaboración dos PFAC canalízase de xeito formal tanto a través dos claustros como dos xefes dos distintos departamentos da escola. Polo tanto, a comezos do curso o xefe de departamento realiza unha enquisa entre os membros do mesmo para recolle-las solicitudes de formación que logo transmitirá á dirección. Asemade realizarase unha enquisa a finais de curso, cuxos resultados se incorporan á memoria final e teñen por obxecto aportar datos para a elaboración do próximo PFAC. PROCEDEMENTOS DE SEGUIMENTO DO DESENVOLVEMENTO E RESULTADOS DA PROGRAMACIÓN Os contidos e obxectivos fixados nos Decretos 191/2007 e 239/2008 para cada curso e nivel son recollidos na programación xeral do departamento. Esta consiste na concreción dos contidos mediante unha secuenciación e temporalización. Asemade prográmanse os materiais, metodoloxía e sistemas de avaliación que o departamento considera máis axeitados á realidade dos alumnos e aos obxectivos fixados nos anteditos Decretos. Na confección da mesma interveñen tódolos membros do departamento. A idoneidade da programación avalíase pola medida en que permite acadar os obxectivos fixados (resultados), obtidos a través dos procedementos de avaliación. Para asegurar que se acadan os resultados desexados cómpre asemade avaliar a eficacia da programación a través do seguimento do seu desenvolvemento (proceso de transmisión dos contidos en termos da súa secuencia, temporalización e metodoloxía). O seguimento da programación é unha pilotaxe da mesma; o obxectivo é logo garantir o seu funcionamento correcto e detectar posibles deficiencias para corrixilas antes de que estas comprometan o logro dos obxectivos. O procedemento de seguimento do desenvolvemento e resultados da programación adoptado no departamento de alemán segue as seguintes fases: 1ª Seguimento a través das coordinacións de cursos A través da figura do coordinador de curso; cada curso dos impartidos na escola conta cun coordinador, que segue o desenvolvemento da programación específica do curso en reunións periódicas cos demais profesores encargados do nivel. Os datos obtidos nestas reunións rexístranse nun documento de seguimento. O documento de seguimento contén os seguintes datos: Os contidos fixados para o curso na programación A súa secuenciación e temporalización Este procedemento permite homoxeneizar o desenvolvemento da programación dun curso nos distintos grupos a través da coordinación entre os profesores encargados

12 avaliar o correcto funcionamento e eficacia da programación cara á consecución dos obxectivos de curso e nivel. controlar o desenvolvemento da programación e dar conta do mesmo de xeito obxectivo e documentado a través dos datos do seguimento. 2ª Posta en común e valoración dos resultados dos seguimentos efectuados por cursos Os datos obtidos nas sesións de coordinación para cada curso son comunicados polos coordinadores ao xefe de departamento nas reunións de departamento oportunas. Nestas analízanse tamén eventuais problemas (p.ex. no desenvolvemento da programación, ou relativos á idoneidade da mesma para acadar os obxectivos) para corrixilos, ben adaptando a programación ás necesidades específicas dos alumnos, ben tomando acordos que poden afectar ao cambio dos materiais didácticos, metodoloxía, secuenciación e temporalización dos contidos, etc. para mellor acadar os obxectivos fixados para os distintos cursos e niveis. O seguimento sobre desenvolvemento resultados da programación son comunicados logo polo xefe de departamento á Comisión de Coordinación Pedagóxica nas reunións periódicas da mesma. PROCEDEMENTOS PARA REALIZAR A EVALUACIÓN INTERNA DO DEPARTAMENTO O seguimento do funcionamento do Dpto. tanto a nivel interno como a nivel de toda a escola e a súa proxección de cara ao exterior será evaluado cando menos unha vez ao mes por os seus membros dentro dunha sesión ordinaria. Abrangará os distintos aspectos que confiren as competencias dentro do seu ámbito. As propostas de mellora e as decisións neste sentido seránn reflectidas na acta da reunión correspondente.

13 ASIGNACIÓNS DE CURSO De acordo co ditado no Decreto 191/2007 do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, o alumnado poderá acceder: directamente aos estudios correspondentes de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato (Cap. IV, Artigo 15ª, 3.) a calquera nivel e curso, previa acreditación dos coñecementos precisos, ben a través de probas de clasificación que organicen as escolas oficiais de idiomas ou ben a través da validación dos títulos ou certificados recollidos na normativa que para o efecto estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Cap. IV, Artigo 15º, 4.)

14 NORMATIVA DE AVALIACIÓN INTRODUCCIÓN... p. 15 PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: TIPOS DE PROBAS... p. 15 NORMAS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E ASISTENCIA NOS CURSOS NON TERMINAIS DE NIVEL... p. 16 1.Proba parcial de progreso e final de promoción: Características xerais, estrutura e organización... p. 16 2. Baremo e cualificación das probas... p. 17 3. Información e comunicación ao alumnado sobre as probas e os seus resultados... p. 18 NORMAS DE AVALIACIÓN, CERTIFICACIÓN E ASISTENCIA NOS CURSOS TERMINAIS DE NIVEL... p. 18 1. Proba parcial de progreso: Características xerais, estrutura e organización... p. 18 2. Proba terminal específica de certificación... p. 18 2.1. Características xerais da proba e destinatarios... p. 18 2.2. Elaboración, administración e cualificación... p. 19 2.3. Estrutura, contido e organización da proba... p. 19 2.4. Puntuación e cualificación... p. 19 2.5. Convocatoria da proba... p. 20 3. Información e comunicación ao alumnado sobre as probas e os seus resultados... p. 21 RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS... p. 21 ADAPTACIÓN DAS PROBAS AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE E MEDIDAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS... p. 22 ALUMNADO PRESENCIAL E MATRÍCULA LIBRE PARA AS PROBAS TERMINAIS DE CERTIFICACIÓN... p. 22

15 INTRODUCCIÓN As normas de avaliación promoción e asistencia expostas a continuación confórmanse ao dictado da Orde do 8 de setembro de 2008 (D.O.G. do 26.9.2008), pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial e complementariamente pola Circular 19/2007 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas especiais sobre a Organización Académica e Avaliación das Ensinanzas de Idiomas de Réxime Especial ao Abeiro do Decreto 191/2007, do 20 de Setembro nas EEOOII. A ensinanza de alemán segundo o Decreto 191/2007 ordénase en tres niveis denominados Básico, Intermedio e Avanzado, de dous anos cada un. O segundo ano de cada nivel considérase curso terminal de nivel. Ao seu termo celebrarase a correspondente proba terminal de certificación do nivel. O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación polo réxime libre (Cap. III, Art. 8º, 1.) Con carácter excepcional, poderase autorizar a ampliación nun ano da permamencia nun nivel en supostos de doenza que perturbe significativamente o desenvolvemento dos estudos ou noutros supostos que merezan igual consideración. Corresponde á delegación provincial da Consellería de Educación e OU outorgar a correspondente autorización, logo da solicitude do alumnado, que irá acompañada de xustificación documental (Cap. III, Art. 8º, 3.) O alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata o 30 de abril. A mencionada renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. Esta renuncia non computará para efectos de permanencia no curso e nivel correspondente. O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión (Cap. III, Art. 8º, 2.) Para promocionar nos cursos distintos aos terminais de nivel deberase superar unha proba final de promoción. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: TIPOS DE PROBAS (Cap. I, Arts. 2º e 3º ) a) Realizaranse dúas avaliacións, coincidiendo a última coa avaliación final global. b) Ademais, ao inicio de cada curso, o profesorado realizará unha avaliación inicial ou de diagnóstico do alumnado que terá carácter informativo para este e orientador para o profesorado, que establecerá as medidas pedagóxicas adecuadas. (Cap. I, Art. 3º, 1b.) c) Os instrumentos de autoavaliación e coavaliación fixaranse na 1ª reunión das distintas coordinacións dos diferentes niveis. d) O grao de dominio acadado nas diferentes destrezas será avaliado mediante os seguintes tipos de proba segundo corresponda:

16 Proba parcial de progreso: os departamentos didácticos realizarán esta proba ao alumnado presencial en todos os cursos dos diferentes niveis. Esta proba farase, con carácter xeral, ao finalizar o primeiro cuadrimestre. Nos cursos non terminais de nivel esta proba terá un valor porcentual do 30% respecto da cualificación final en cada unha das destrezas; nos cursos terminais de nivel dita proba terá un valor orientativo (ver abaixo 1.1. e 2.1.) Proba final de promoción: nos cursos non terminais de nivel o alumnado realizará unha proba final global elaborada polo departamento, que avaliará o grao de consecución dos obxectivos do curso. Proba terminal de certificación: nos cursos terminais de nivel o alumnado realizará unha proba que será común a todas as modalidades e réximes de ensino en cada escola, e na cal se avaliará o grao de consecución dos obxectivos do nivel. NORMAS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E ASISTENCIA NOS CURSOS NON TERMINAIS DE NIVEL 1. Probas parcial de progreso e final de promoción: Características xerais, estrutura e organización (Artigo 4º da Orde; apdo. 14. da Circular 19/2007) Estas dúas probas serán elaboradas, administradas e corrixidas polo profesorado do departamentos didáctico. A proba parcial de progreso deberá elaborarse e ser corrixida de acordo coas especificacións establecidas polo departamento. As probas de promoción terán carácter unificado para cada un dos diferentes cursos e serán corrixidas polo profesor ou profesora correspondente. As probas estruturaranse en catro partes: comprensión de lectura, comprensión oral, expresión e interacción escrita, e expresión e interacción oral. A mediación poderá integrarse nas tarefas correspondentes á expresión e interacción escrita e á expresión e interacción oral. O alumnado examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha das partes da proba nas actas figurará a cualificación de non apto. A proba parcial de progreso realizarase ao finalizar o primeiro cuadrimestre. Nos cursos non terminais de nivel terá un valor porcentual do 30% respecto da cualificación final en cada unha das destrezas. No mes de xuño celebrarase unha proba final de promoción que terá un valor porcentual do 70% respecto da cualificación final en cada unha das destrezas. No caso de que a cualificación da proba final de promoción sexa superior á da proba de progreso, prevalecerá aquela. Do mesmo xeito, esta proba final de promoción terá un valor de 100% para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua. O alumnado oficial presencial non poderá superar un número de faltas superior ao 20% das horas totais do curso. De facelo, nos cursos non finais de nivel perderá o dereito á que se teña en conta a cualificación da proba de progreso do mes de febreiro e á valoración da súa participación nas actividades lectivas. En todo caso, o alumnado terá dereito a realizar a proba final de promoción ou a terminal de certificación (Cap. III, Art. 8º, 4.).

17 A proba final de promoción realizarase ao final de curso en convocatoria ordinaria e no mes de setembro en convocatoria extraordinaria. Na convocatoria extraordinaria o alumnado só terá que examinarse das destrezas non superadas na convocatoria ordinaria de xuño. Esta proba extraordinaria realizarase nos primeiros dez días de setembro e terá un valor do 100% para todo o alumnado. Os departamentos didácticos establecerán criterios para a valoración positiva do rendemento e a participación do alumnado na aula; a dita valoración en ningún caso poderá superar o 10% da cualificación final do curso (Cap. I, Art. 4º, 1.e) O alumnado recibirá os informes de avaliación individual correspondentes aos seus resultados nas probas parcial de progreso e final de promoción (ver abaixo 1.3.). 2. Baremo e cualificación das probas (Cap. I, Artigo 4º, 2. da Orde; apdo. 14.2. da Circular 19/2007) Tanto a proba parcial de progreso como a proba final de promoción terán un valor de 100 puntos, e cada unha das súas catro partes 25 puntos. Para promocionar de curso dentro do mesmo nivel o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. Non obstante o disposto no punto anterior, o alumnado promocionará de curso cando, non tendo superado unha das destrezas, acade un mínimo de 10 puntos nela e 60 puntos na totalidade da proba. O alumnado que non promocione deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. Os resultados das cualificacións das ensinanzas de idiomas de réxime especial expresaranse non termos Apto ou Non apto na convocatoria de xuño e, se é o caso, na convocatoria extraordinaria Non presentado. No caso de obter cualificación de apto, este resultado irá seguido da escala numérica de 5 a 10 entre paréntese, sen decimais e figurará nas actas de avaliación final correspondente e no expediente académico do/a alumno/a. As equivalencias a efectos de puntuación numérica serán as seguintes (Circular 19/2007, apdo. 14.2.6., e sempre que non se regule outras posteriores): 60-66 puntos: 5 67-73 puntos: 6 74-80 puntos: 7 81-87 puntos: 8 88-94 puntos: 9 95-100 puntos: 10

18 3. Información e comunicación ao alumnado sobre as probas e os seus resultados (Capítulo II, Art. 6º ) O departamento de alemán garantirá que o alumnado de tódolos réximes e niveis dispoña de información completa sobre a estrutura, contido, criterios de avaliación e cualificación de todas as probas, así como das condicións e prazos de reclamación sobre a cualificación das mesmas. Despois da avaliación resultante das probas de progreso, o profesor de cada grupo informará por escrito o alumnado sobre o seu aproveitamento académico (segundo o modelo do anexo II da Orde). Ao remate das probas de promoción e certificación, informarase por escrito ao alumnado, ou aos seus representantes legais no caso dos menores de idade, acerca dos resultados da avaliación final. A dita información incluirá, cando menos, as cualificacións obtidas nas distintas destrezas comunicativas cursadas e, se é o caso, a promoción ao curso seguinte (segundo o modelo do anexo III da Orde). NORMAS DE AVALIACIÓN, CERTIFICACIÓN E ASISTENCIA NOS CURSOS TERMINAIS DE NIVEL 1. Probas parcial de progreso: Características xerais, estrutura e organización (Cap. I, Art. 4º, 1.b da Orde; Circular 1/2010)) A proba parcial de progreso realizarase ao finalizar o primeiro cuadrimestre. A proba parcial de progreso será elaborada, administrada e corrixida polo profesorado do departamento de alemán, e terá un carácter unificado para cada un dos diferentes grupos deste curso. A proba parcial de progreso constará de catro partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita e expresión e interacción oral. A mediación poderá integrarse na expresión e interacción escrita e na expresión e interacción oral. A proba parcial de progreso terá unicamente valor orientativo para o alumnado e servirá para informar do grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica e da súa idoneidade. O alumnado recibirá os informes de avaliación individual correspondentes aos seus resultados na proba parcial de progreso (ver abaixo 2.3.). 2. Proba terminal específica de certificación (Cap. I, Art. 5º da Orde; Circular 1/2010) 2.1.Características xerais da proba e destinatarios (Art. 5º, 1. ) Para obter os certificados de nivel será necesaria a superación da proba terminal específica de certificación. O nivel de competencia e o grao de dominio do idioma que se avalía nesta proba establecerase en referencia aos obxectivos e criterios de avaliación do currículo de alemán. A proba terminal específica de certificación será común para as modalidades de ensino presencial e matrícula libre (Cap. I, Art. 5º, 1.c).

19 2.2. Elaboración, administración e cualificación (Resolución 17-12-2014 que modifica a de 10-5-2012) As probas terminais correspondentes ao nivel básico serán elaboradas polos departamentos didácticos que corresponda seguindo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no correspondente documento de especificacións. As probas terminais correspondentes ao nivel intermedio e avanzado serán elaboradas por todo o profesorado mediante un coordinador designado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Estas probas elaboraranse seguindo o correspondente documento de especificacións e irán acompañadas dos solucionarios correspondentes. A administración, corrección e cualificación das probas será responsabilidade dos departamentos didácticos en tódolos casos. 2.3. Estrutura, contido e organización da proba As probas correspondentes ao nivel básico estruturaranse en catro partes: comprensión de lectura, comprensión oral, expresión e interacción escrita, e expresión e interacción oral. A mediación poderá integrarse nas tarefas correspondentes á expresión e interacción escrita e á expresión e interacción oral. O alumnado examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha das partes da proba nas actas figurará a cualificación de non apto. As probas correspondentes á comprensión de lectura e comprensión oral basearanse en textos auténticos ou adaptados extraídos das diferentes fontes de comunicación oral ou escrita. A tipoloxía das tarefas deberá ser a apropiada para avaliar tanto a comprensión global como a comprensión de aspectos máis particulares de cada un dos textos. Na proba de expresión e interacción escrita, o alumnado deberá producir textos de diferente tipoloxía e rexistro. A proba de expresión e interacción oral constará das tarefas necesarias para avaliar tanto o logro da comunicación proposta como a corrección e adecuación fonética e lingüística no uso da lingua, e comprenderá cando menos monólogo sostido e interacción co profesor ou outros aspirantes. A cualificación da expresión e interacción escrita e da expresión e interacción oral das probas será realizada por, polo menos, dous membros do departamento correspondente. 2.4. Puntuación e cualificación (Art. 5º, 4. da Orde; apdo. 15.4. da Circular 19/2007)

20 A puntuación total da proba terminal de certificación para cada un dos niveis será de 100 puntos. Cada unha das catro partes nas que se estrutura a proba terá un valor de 25 puntos. A cualificación será positiva cando se acaden, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. A cualificación outorgada ao alumnado será de apto, non apto ou, non presentado, segundo corresponda. En calquera caso non poderá figurar Non presentado na avaliación ordinaria do alumnado presencial. O alumnado que non obteña a cualificación de apto nas probas terminais de certificación dos diferentes niveis poderá solicitar unha certificación académica de ter alcanzado o dominio requirido nalgunha das destrezas que as probas avalíen, segundo o documento recollido no anexo I da Orde. A cualificación de apto nas probas terminais de certificación dos niveis básico e intermedio permite o acceso aos niveis intermedio e avanzado respectivamente. De non obter a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria extraordinaria, o alumnado oficial deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. Os resultados das cualificacións das ensinanzas de idiomas de réxime especial expresaranse non termos Apto ou Non apto na convocatoria de xuño e, se é o caso, na convocatoria extraordinaria Non presentado. 2.5. Convocatoria da proba (Art. 5º, 5., Circular 1/2010) As probas terminais de certificación realizaranse no mes de xuño en convocatoria ordinaria e no mes de setembro en convocatoria extraordinaria. Na convocatoria extraordinaria o alumnado só terá que examinarse das destrezas non superadas na convocatoria ordinaria. Os alumnos de matrícula libre só ten dereito á convocatoria de xuño, según a nova normativa. As datas e o horario para a realización das probas terminais do nivel básico serán publicadas polas respectivas escolas oficiais de idiomas nos primeiros cinco días do mes de setembro. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais establecerá anualmente as datas e horario, ao longo da primeira quincena de setembro, para a realización das probas de nivel intermedio e avanzado para os idiomas que se impartan en máis dunha escola.

21 3. Información e comunicación ao alumnado sobre as probas e os seus resultados (Capítulo II, Art. 6º, Circular 1/2010) O departamento de alemán garantirá que o alumnado de tódolos réximes e niveis dispoña de información completa sobre a estrutura, contido, criterios de avaliación e cualificación de todas as probas, así como das condicións e prazos de reclamación sobre a cualificación das mesmas. Despois da avaliación resultante das probas de progreso, o/a profesor/a de cada grupo informará por escrito o alumnado sobre o seu aproveitamento académico (segundo o modelo do anexo II da Orde). Ao remate da proba de promoción e certificación, informarase por escrito o alumnado, ou os seus representantes legais no caso de menores de idade, acerca dos resultados da avaliación final. A dita información incluirá, cando menos, as cualificacións obtidas nas distintas destrezas comunicativas cursadas e, se é o caso, á promoción ao curso seguinte (segundo o modelo do anexo III da Orde). RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS (Capítulo II, Art. 7 º, Circular 1/2010) O profesorado facilitará ao seu alumnado a revisión da proba parcial de progreso e da proba final de promoción informándoo dos obxectivos acadados. O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación final das probas finais de promoción ou de certificación poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota final. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos: Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento. Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e / ou do criterio de cualificación establecidos para estas probas. A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para elo, solicitará do departamento de alemán o correspondente informe, dando conta por escrito ao alumno implicado da resolución adoptada. De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal poderán interpoñer recurso de alzada perante a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria contra a resolución da dirección da escola nun prazo de dous días hábiles a partires da data de comunicación da mesma.

22 De producirse o recurso de alzada, o servizo de inspección educativa solicitará á escola os seguintes documentos: a) reclamación do alumno. b) informe do departamento e a resolución da dirección. c) informe do profesorado responsable da avaliación. d) proba ou probas recorridas e calquera outra documentación adicional que se considere pertinente. No suposto de que o recurso de alzada se tramitase a través da dirección da escola oficial de idiomas, esta tramitará a reclamación acompañada dos documentos sinalados no punto anterior nun prazo non superior a 48 horas. A inspección educativa poderá solicitar a intervención de especialistas no idioma obxecto da reclamación para elaborar o informe correspondente sobre os aspectos contemplados no punto 3 deste apartado e sobre o cumprimento do establecido nesta orde por parte dos órganos competentes. Visto o informe da inspección educativa, a Delegación Provincial resolverá no prazo dun mes a partires da presentación do recurso perante a dirección da escola, poñendo esta resolución fin á vía administrativa. ADAPTACIÓN DAS PROBAS AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE E MEDIDAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS (Disposición adicional primeira da Orde de Avaliación do 8 de setembro de 2008, Artigo 21 da orde do 5 de agosto de 2011) A organización e aplicación das probas para a obtención das certificacións por parte do alumnado con discapacidade basearanse no principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes. Así, na celebración das probas deberanse adaptar, se é o caso, á duración e ás condicións de realización delas. O alumnado nestas circunstancias deberá, no momento da matrícula, achegar documentación acreditativa da súa discapacidade, cubrir a documentación achegada pola escola oficial de idiomas que o porá en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da delegación provincial de Educación respectiva para as adaptacións pertinentes (segundo modelo do anexo IX da Orde). Estas circunstancias deberán quedar reflectidas no expediente académico do alumnado. ALUMNADO PRESENCIAL E MATRÍCULA LIBRE PARA AS PROBAS TERMINAIS DE CERTIFICACIÓN (apartado 9. da Circular 19/2007, Circular 3/2010) O alumnado que xa estea matriculado na modalidade presencial na escola oficial de idiomas poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación na mesma convocatoria e idioma en niveis diferentes aos que estea cursando. Para poder optar a ditas probas, deberá aboar as correspondentes taxas. Só terá a convocatoria de xuño.

23 PROGRAMACIÓN DO NIVEL BÁSICO Intoducción... p. 24 Definición do nivel... p. 25 Os elementos do currículo... p. 25 Obxectivos xerais do nivel básico... p. 25 Contidos xerais básicos... p. 26 Primeiro curso de nivel básico... p. 27 Segundo curso de nivel básico... p. 47 Cursos do CFR... p. 65

24 O currículo do nivel básico das ensinanzas de idiomas de réxime especial ten a finalidade de dar resposta ás necesidades dunha comunicación eficaz na sociedade actual plurilingüe e pluricultural. O proceso de ensino e aprendizaxe de idiomas parte dun modelo de lingua entendida como vehículo de comunicación, tal e como se define no Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MECR) e na Lei orgánica de educación (LOE), do 3 de maio de 2006 (BOE do 4 de maio). O nivel básico das ensinanzas de idiomas ten como referencia o nivel de competencia A2 do MECR: os obxectivos xerais e específicos para cada unha das destrezas, a selección de contidos e os criterios xerais de avaliación son coherentes co establecido para este nivel e co enfoque accional polo que se pronuncia o MECR. Esta concepción do ensino-aprendizaxe baséase na concepción da competencia comunicativa entendida como a capacidade de uso do idioma, que abrangue tanto as competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas como a competencia intercultural e a competencia estratéxica. O aprendiz de linguas pon estas en uso activando as citadas competencias para levar a cabo actividades comunicativas sobre diferentes temas, en ámbitos e contextos específicos, e botando man das estratexias adecuadas para este fin. O usuario da lingua procesa e produce textos orais e escritos, que constitúen as unidades básicas de comunicación através de actividades de expresión, comprensión, interacción ou dunha combinación delas. Para iso as alumnas e os alumnos terán que adquirir, através de experiencias de aprendizaxe, unha serie de habilidades básicas incardinadas en actividades concibidas para facilitar esta adquisición. O docente é o deseñador, presentador, impulsor e avaliador das actividades comunicativas. A súa función será a de orientar, estimular, prestar a súa experiencia e aconsellar, pero serán as alumnas e os alumnos os que deberán asumir a responsabilidade da súa aprendizaxe, colaborando cos demais membros do grupo e co docente para atinxir os obxectivos propostos e desenvolver a súa capacidade de aprendizaxe autónoma. En definitiva, a actividade do aprendiz é o factor máis importante para que a aprendizaxe se produza; de maneira que, en último termo, o éxito ou o fracaso das aprendizaxes recaen sobre a persoa que aprende. Non obstante, as aprendizaxes danse con maior facilidade cando o proceso de ensinanza do profesorado crea as condicións adecuadas para que estas se produzan. Por iso, o docente debe propor tarefas e experiencias de aprendizaxe significativas que estimulen o interese na utilización da lingua dentro e fóra da aula, e a sensibilidade cara ás culturas asociadas ao idioma. O deseño adecuado das tarefas será esencial pois tamén deben contribuír a fomentar a confianza en si mesmos, a motivación para aprender e a capacidade para planificar, autoavaliar e aprender de xeito autónomo e independente. Estas tarefas serán deseñadas a partir dos criterios de avaliación que indican o grao de dominio lingüístico que os estudantes deben acadar, e serán esencialmente comunicativas, para lle ofrecer ao alumnado a oportunidade de utilizar o idioma tal e como o faría en situacións reais de comunicación; de aí a importancia de que os materiais empregados nas devanditas tarefas sexan preferentemente auténticos, de xeito que o alumnado perciba a lingua no seu contexto real, como instrumento de comunicación. Para levar a cabo eficazmente as tarefas correspondentes, o alumnado debe ser orientado no uso de estratexias de planificación, execución, control e reparación, así

25 como nunha serie de procedementos discursivos xerais e específicos para cada destreza, e deberánselle proporcionar coñecementos que lle permitan comprender e producir textos axeitados ás necesidades das situacións de comunicación nas que participe ou poida participar. En canto á avaliación, esta debe ser entendida como un instrumento para verificar e valorar o grao de competencia comunicativa do alumnado, como unha ferramenta que ofrece información e permite reflexionar sobre todo o proceso de ensinanza aprendizaxe. Así, este proceso é susceptible de ser permanentemente revisado, concretado e reinterpretado. Definición do nivel O Nivel Básico presentará as características do nivel de competencia A2, segundo este nivel se define no MECR. O Nivel Básico ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de maneira eficaz e apropiada en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos. Este nivel de uso do idioma permitirá igualmente actuar en situacións cotiás de comunicación como intermediario entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de forma directa. Os elementos do currículo (Decreto 191/2007, do 20 de setembro (DOG do 9.10.07) O currículo do Nivel Básico está organizado atribuíndolle obxectivos xerais e obxectivos específicos a cada destreza. Eles serán os referentes de todo o proceso de ensino-aprendizaxe. O seu grao de adquisición está definido e acoutado nos criterios de avaliación. Pola súa parte, os contidos responden a aquilo que se debe ensinar e aprender para lograr os obxectivos comunicativos propostos para este nivel. Carecen de entidade propia pois unicamente deben ser considerados na medida en que son os instrumentos necesarios para acadar o grao de dominio lingüístico establecido nos criterios de avaliación e, xa que logo, os obxectivos deste Nivel Básico. Para lograr as aprendizaxes establecidas para este nivel, realizaranse actividades da lingua que impliquen procesos para producir e recibir textos relacionados con temas incardinados en ámbitos específicos, poñendo en xogo as estratexias máis axeitadas para levar a cabo as tarefas que se deban realizar. Así pois, os departamentos didácticos deberán considerar os obxectivos e os criterios de avaliación como o punto de partida e o centro das súas programacións: as tarefas, os contidos, as actividades e instrumentos de avaliación, os materiais e o enfoque metodolóxico polo que se opte deberán estar, en todo caso, supeditados a eles. Obxectivos xerais do Nivel Básico Comprensión oral Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.