FACULTADE DE FILOSOFÍA. Grao en Filosofía FILOSOFÍA ESPAÑOLA E GALEGA. Guía Docente

Ähnliche Dokumente
Traducción directa e inversa (alemán) 2

Literatura alemá dende a Ilustración ata o Romanticismo

Lingüística Grega II

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA. Literatura Latina 1. Helena de Carlos Villamarín

Literatura en lingua alemá desde 1989

PAU XUÑO 2011 DEBUXO ARTÍSTICO II

Panorama da literatura alemá 1

Literatura alemá dende os inicios ata o Barroco

Panorama da Literatura Alemá 2

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Traducción directa e inversa Alemán 1

Literatura alemá desde o Posromanticismo ata o Realismo

Literatura alemá desde os seus inicios ata o Barroco

Literatura alemá desde o Naturalismo ata 1945

HEIDEGGER, M., Aletheia, (Heraklit, Fragment 16). En Vorträge und Aufsätze, Frankfurt 2000, pp

Vorlesungsverzeichnis für das Wintersemester 2015/2016 Stand: 17. Juni Einführungen Nr. Abk. Lehrveranstaltung Art Tag Zeit Raum Name

A Europa Medieval: Perspectiva histórico-social

Literatura alemana del Naturalismo hasta 1945

Bibliografía de e sobre Xoán González-Millán. Arturo Casas

Name: Klasse: Standardisierte kompetenzorientierte schriftliche Reifeprüfung AHS. 24. September Spanisch. Schreiben

Universität Augsburg. Modulhandbuch. Master Hispanistik International (PO 2015) Philologisch-Historische Fakultät. Wintersemester 2015/2016

Pontificia Universidad Católica del Ecuador

Spanisch ab Klasse 5. Carl-von-Ossietzky-Gymnasium schulinternes Curriculum. 5 Unterrichtsvorhaben: Materialhinweise:

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

PRIMEIRO DE ESO ASIGNATURA TÍTULO DO LIBRO AUTOR EDITORIAL EDICIÓN ISBN

GERMAN version below

Literatura e memoria

El diario de lectura

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

PRIMEIRO DE ESO ASIGNATURA TÍTULO DO LIBRO AUTOR EDITORIAL EDICIÓN ISBN ALEMÁN

Rama de Ski Centro de Padres del Colegio Alemán de Santiago

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Erster Aushang. Die Tagung wird ab dem 6. März bis zum 9. März in der Philosophischen Fakultät der Universidad Complutense in Madrid stattfinden.

Sprachreise nach Ávila: Unvergessliche Tage in Spanien

ALEMÁN. Opción 1 WAS MEINEN SIE ÜBER DIE SITUATION DER AUSLÄNDER IN IHREM LAND? (ZWISCHEN 60 UND 100 WORTE)

UNIVERSIDAD NACIONAL AUTÓNOMA DE MÉXICO FACULTAD DE ESTUDIOS SUPERIORES A C A T L Á N

Consultorios médicos Cubanos en el campo

UNIVERSIDAD NACIONAL AUTÓNOMA DE MÉXICO FACULTAD DE ESTUDIOS SUPERIORES A C A T L Á N

Sprachkurs Spanisch online. B: Dialog Usted El librero Sie Der Buchhändler Buenas tardes. Busco un regalo para un amigo mío.

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA DEPARTAMENTO DE ALEMÁN

FORMAT B1 MÜNDLICHE PRÜFUNG

Auswandern Studieren. Studieren - Universität. Angeben, dass man sich einschreiben will. Me quiero matricular.

Auswandern Studieren. Studieren - Universität. Angeben, dass man sich einschreiben will. Angeben, dass man sich für einen Kurs anmelden möchte.

PRIMEIRO DE ESO ASIGNATURA TÍTULO DO LIBRO AUTOR EDITORIAL EDICIÓN ISBN

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

Autoevaluación para hacer un curso de Español del nivel A2.1

Modelo MATERIA: ALEMÁN (OPCIÓN A)

Identificación del material AICLE

UNIVERSIDAD VERACRUZANA CENTRO DE IDIOMAS XALAPA CENTRO DE AUTOACCESO USUARIO AUTÓNOMO Cronograma Alemán MINT I Material:

Das deutsche internationale Abitur (DIA) an der DSB

Pontificia Universidad Católica del Ecuador

Hörverstehen: Soy extremeño

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Unterrichtsmaterialien in digitaler und in gedruckter Form. Auszug aus:

Seminario alemán, curso / IES Camp de Túria Pronombres. Nominativo Acusativo Dativo Genitivo ich yo mich me mir me, a mí meiner de mí

Fachbereich Sprachen und darstellende Kunst. Vorname :... Nachname(n):... Deutsch. Sommer 2016

Vivir y trabajar en Braunschweig Solicitar empleo en Alemania. presentado por Alexandra Delacor

Die Organisation der Klassen 9-12

PROGRAMAS DOCENTES DO DEPARTAMENTO DE PEDAGOXÍA ESPECIALIDADE PEDAGOXÍA DA LINGUAXE MUSICAL PLAN LOXSE

Bund-Länder Inspektion Deutscher Schulen im Ausland Informationen für die Schulen

GUÍA DOCENTE DE LA ASIGNATURA

RESULTADOS DE LA PRUEBA INICIAL DE CLASIFICACIÓN. Curso. Documento para adjuntar a la Solicitud de plaza

HSK Unterricht in Heimatlicher Sprache und Kultur CICO Cursos de Idioma y Cultura maternos

Almudena Grandes: Amor de madre ga

Informationsveranstaltung Spanisch als Fremdsprache Mitt Uhr HS 2

Vamos adelante 4: Unidad 1

I. Französisch. Vorlesungsverzeichnis für das Sommersemester Einführungen Nr. Abk. Lehrveranstaltung Art Tag Zeit Raum Name L.137.

PROGRAMA ALEMÁN A2 OBJETIVOS CONTENIDOS

Spanisch. Schreiben. 7. Mai 2015 HUM. Standardisierte kompetenzorientierte schriftliche Reife- und Diplomprüfung. Name: Klasse/Jahrgang:

GUÍA DOCENTE DE LA ASIGNATURA

ESPECÍFICA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO DE IDIOMA ALEMÁN COMPRENSIÓN ORAL

Quartal Unterrichtsvorhaben Inhaltliche Konkretisierung Unterrichtsvorhaben Verfügbarkeit sprachlicher Mittel/ Methodentraining 12

Study (s) Degree Center Acad. Period

UNIVERSIDADES DE ANDALUCÍA PRUEBA DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD

Eine Gemeinschaft-wirtschaftliche Neugründung

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO OPCIÓN A

el curso der Kurs Die Sprachschule für Spanisch.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Inicio > A_Biblioteca > Actividades > Letras_Galegas_2004 > LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO "XOCAS" Prólogo por Rosario Álvarez

Einführung in das spanische Recht und die spanische Rechtssprache Introducción al Derecho español y al español jurídico

El sistema educativo. Estructura

CUADERNILLO DE RECUPERACIÓN

Hamburgo. Acceso para alumnos. Zugang für Teilnehmer

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID EVALUACIÓN PARA EL ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

HSK Unterricht in Heimatlicher Sprache und Kultur CICO Cursos de Idioma y Cultura maternos

Programación Conxunto Guitarra

el curso der Kurs Creative Commons 3.0 by-nd, siehe Hinweise auf Stand Dokument:

FACULTADE DE FILOLOXÍA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

INSTRUCCIONES GENERALES Y CALIFICACIÓN

A: Cuántos vasos hay en la mesa? B: En la mesa hay dos vasos. A: Cuántas botellas hay? B: Hay una botella.

PROGRAMA DE PERFILES. Aceros Boehler Uddeholm S.A. Una empresa del grupo voestalpine

Vorlesungsverzeichnis für das Sommersemester 2017 Stand: Einführungen Nr. Abk. Lehrveranstaltung Art Tag Zeit Raum Name

Programación DIDÁCTICA GUITARRA Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Conocimiento del alemán en niños/as preescolares

Helmuth Biechl. Dr.-Ing.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA 16-17

Transkript:

FACULTADE DE FILOSOFÍA Grao en Filosofía FILOSOFÍA ESPAÑOLA E GALEGA Guía Docente 2016-17

Guía Docente 1. Datos descritivos da materia Código: G5031223 Carácter: Obrigatoria Convocatoria: 2º semestre Créditos: 6 teórico-prácticos Profesorado: Marcelino Agís Villaverde Catedrático de Filosofía, Tlf. 8818 12520 ; E-mail: marcelino.agis@usc.es Titorías: luns, martes e venres: 9:00 h a 11:00 h. Lugar: Despacho D-207, Facultade de Filosofía, 2º andar Oscar Parcero Ouviña Profesor facultade de Filosofía Despacho D-213 Tlf.: extensión 12518 - email: oscar.parcero@usc.es Titorías: Martes e xoves de 10 a 13 h. Idioma no que se imparte: Castelán/Galego

2. Situación, significado e importancia da materia no ámbito da titulación. 2.1. Módulo ao que pertence a materia no Plan de Estudos. Materias coas que se relaciona. As filosofías española e galega reúnen a aqueles autores, filósofos, ensaístas, literatos nalgún caso- que teñen contribuído á historia da filosofía universal dende a particular circunstancia española e galega. Completan a visión que se ofrece ao longo do grao da historia e correntes actuais da Filosofía. 2.2. Papel que xoga este curso nese bloque formativo e no conxunto do Plan de Estudos. Impártese no segundo curso do grao para que o estudante poida ir coñecendo en paralelo as achegas filosóficas realizadas polos autores clásicos da historia da filosofía universal e da historia do pensamento galego e español. 2.3. Coñecementos previos (recomendados/obrigatorios) que os estudantes deben posuír para cursar a materia. Malia non ser obrigatorio, é moi recomendable que o estudante teña cursado as materias do primeiro curso do Grao en Filosofía, en particular as que lle ofrezan unha perspectiva histórica da Filosofía. 3. Obxectivos da aprendizaxe e competencias a alcanzar polo estudante coa materia. 3.1. Obxectivos da aprendizaxe.

Familiarizar aos estudantes coas principais concepcións das filosofías española e galega. Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente. Adestrar na capacidade para interpretar os textos filosóficos dos autores máis sobranceiros, a través dos seus xéneros literarios especificos. Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía. Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita. Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da sociedade actual. 3.2. Competencias xerais. Capacidade para ler de xeito comprensivo un texto filosófico pertencente ás tradicións española e galega. Capacidade para identificar os principais autores de ambas tradición. Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma. Capacidade para presentar de forma oral e escrita un traballo de iniciación á investigación. 3.3. Competencias específicas. Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais conceptos e a súa evolución. Utilizar os procedementos de análise do texto filosófico para comprender o pensamento dos autores españois e galegos. Achegar aos estudantes aos momentos máis relevantes do pensamento español e galego.

3.4. Competencias transversais. Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas. Habilidade para obter información tanto de fontes primarias como secundarias, incluíndo a obtención de información on-line. 4. Contidos do curso 4.1. Epígrafes do curso Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego. Tema 2: Das orixes á Idade Media. Tema 3: A Ilustración española y galega Tema 4: O século XIX: a descuberta da identidade. Tema 5: O século XX no pensamento español e galego 4.2. Bibliografía recomendada BÁSICA E COMPLEMENTARIA A bibliografía específica, tanto en el que atinxe ás fontes como á literatura secundaria, facilitarase nas clases ao finalizar a exposición dos correspondentes temas. Para una primeira orientación e axuda no terreo bibliográfico dos temas del Programa, pódese consultar as seguintes obras. a) Pensamento Español

José Luis ABELLÁN: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días. Madrid, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1996. Guillermo FRAILE: Historia de la Filosofía Española (2 vols.), BAC, Madrid. Alan GUY: Historia de la Filosofía Española. Barcelona. Anthropos, Barcelona 1985. Manuel MACEIRAS FAFIÁN (Editor y coordinador) y AA.VV.: Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez. Volumen II. Del Barroco a nuestros días., Editorial Síntesis, Madrid, 2002. Manuel SUANCES MARCOS: Historia de la Filosofía Española Contemporánea.. Editorial Síntesis, Madrid 2006. b) Pensamento galego Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego, IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001. José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999. AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed. Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008. TEMA 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego. 1. Sentido do tema (Introdución)

Na expresión filosofía española así como na expresión pensamento galego, formúlase un problema inicial: que entendemos por filosofía/pensamento. É un asunto que está intimamente relacionado co desenvolvemento histórico de ambos ámbitos temáticos. Segundo o que entendamos por filosofía e por pensamento formarán parte uns autores ou outros da historia do pensamento ou da filosofía de ambas tradicións (española e galega). Cómpre reflexionar sobre a dimensión dos tres termos implicados nas expresións Historia da Filosofía Española e Galega 2. Epígrafes do tema. A). Que entendemos por Filosofía? B) Filosofía española e galega: o problema das filosofías nacionais 3. Bibliografía ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa- Calpe, Madrid, vol. I, 1979. AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco, Vigo 2001 (Introducción). -----------: Historia do pensamento galego contemporáneo. Contribucións da Filosofía á cultura actual, Deputación de A Coruña, 2016. -----------: Voz Filosofía, en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, vol. XVIII, Lugo 2003. -----------: Filosofía Galega en AA. VV.: 23 Letras para un país, Ed. Compostela, Santiago 199.

-----------: El pensamiento filosófico en Galicia, Revista Gavieiro, Buenos Aires, nº 3, dic. 2008. BALIÑAS FERNÁNDEZ, C.A.: Pensamento Galego I, Ed. SEPT, Vigo 1977 (Limiar). -----------: Epílogo, en AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, (citado). BUENO, G. "Sobre el concepto de historia de la filosofía española", El Basilisco, n.º 10, 1991 FRAILE, G.: Historia de la Filosofía Española, BAC, Madrid 1971 (vol. 1: Introducción. El problema de la Filosofía española, pp. 3-30). GARCÍA CAMARERO, Ernesto y Enrique: La polémica de la ciencia española, Madrid, Alianza Editorial, 1970. GAOS, J.: Pensamiento de la Lengua española, México 1954. GUY, A.: Histoire de la philosophie espagnole, Toulouse, Publications de L'Université de Toulouse-Le Mirail, 1985 (Trad. esp.: Historia de la Filosofía española, Ed. Anthropos, Barcelona 1985). GUY, A.: Filósofos españoles de ayer y de hoy, Ed. Losada, Buenos Aires 1966. REGUEIRA, R.: "A Filosofía e a Filosofía Galega", en BARREIRO BARREIRO, X.L. (coord.): O pensamento galego na Historia (Aproximación crítica); Serv. Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, 1990. 4. Actividades a desenvolver.

Ademais das presentacións teóricas por parte do profesor, os estudantes realizará un comentario de texto sobre o problema das filosofías nacionais, con especial referencia ao caso español e galego. TEMA 2. Das orixes á Idade Media. 1. Sentido do tema (Introdución) Establecido que existe un saber chamado filosofía, todo o problemático que se queira, falta por descubrir se existe una filosofía española y gallega, comenzando pola Antigüidade. Trátase de saber, en primeiro lugar, se existiron filósofos ou, de forma máis xenérica, pensadores en España e en Galicia desde a Antigüidade; e, en segundo lugar, se as súas obras filosóficas ou de pensamento teñen un carácter propio e distintivo con respecto a de pensadores doutros países. 2. Epígrafes do tema. A) O pensamento Hispano-romano: Séneca B) A antigüidade na Galaecia: Paulo Orosio 3. Bibliografía A) Sobre Séneca A) FONTES SÉNECA, Obras Completas, Ed. Aguilar, Madrid 1966. B) BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, Vol. 1, 1979.

MAESTRE SÁNCHEZ, A.: La Hispania Romana y la Corduba patricia: la filosofía de Lucio Anneo Séneca, en MACEIRAS FAFIÁN, M. (editor): Pensamiento filosófico español. Vol.1. De Séneca a Suárez. Editorial Síntesis, Madrid, 2002. MENÉNDEZ PELAYO, M.: Escuelas filosóficas españolas: senequismo, averroísmo, maimonismo, lulismo, suarismo, vivismo, en La Ciencias Española, I, 212-226. : La España romana: Séneca, en Historia de las Ideas estéticas, I, pp. 205-213. ZAMBRANO, M.: Pensamiento vivo de Séneca, Cátedra, Madrid, 1987. B) Sobre Paulo Orosio 1) Fontes OROSIO, Paulo: (1982). Historias. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos. 1. Volumen I: Historias: Libros I-IV. Madrid: Editorial Gredos. 1982. 2. Volumen II: Historias: Libros V-VII. Madrid: Editorial Gredos. 1982.. OROSIO, Paulo (2008). Historias contra los paganos. Prensas Universitarias de Zaragoza 2) Secundaria: AGÍS VILLAVERDE,M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco, Vigo 2001. FUENTES DE LA ROSA, María Luisa, Orosio y su tiempo, 1ª Edición, Madrid: Editorial de la Universidad Complutense de Madrid, 1990.

TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro, Paulo Orosio. Su vida y sus obras, 1ª Edición, La Coruña: Fundación Pedro Barrie de la Maza Conde de Fenosa, 1985, pp. 15-84. CORTESAO, Armando, Paulo Orósio :presbítero bracarense, criador do estudo da geografía e da história na idade média, en Memorias da Academia das Ciências de Lisboa Nº 10, 1966. FABBRINI, Fabrizio, Paulo Orosio: uno storico, 1ª Edición, Roma: Edizioni di Storia e Letteratura, 1979. LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, Pedro, El Poder en la "Gallaecia" romana: Hidacio e Orosio, en Semana Galega de Historia Nº 7, 1999, pp. 61-72. MORESCHINI, Claudio, Orosio, en MORESCHINI, Claudio y NORELLI, Enrico, Historia de la literatura cristiana antigua, griega y latina, 1ª Edición, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2006, pp. 470-473. PEREIRA FERNÁNDEZ, Juan Marcial, Paulo Orosio, un galego universal, entre a caida do Imperio Romano e a chegada dos bárbaros, en Cadernos para a distancia Nº 3, 1995, pp. 63-70. VILELLA, Josep, Biografía crítica de Orosio, en Jahrbuch für Antike und Christentum. Jahrg Nº 43, 2000, pp. 94-121. 4. Actividades a desenvolver. Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica un texto entresacado das obras de Séneca e Paulo Orosio.

TEMA 3. A Ilustración española e galega 1. Sentido do tema (Introdución) A Ilustración (s. XVIII) presente característas diferenciadas no contexto español e galego. Os ilustrados galegos non buscaron unha transformación radical na orde económica, social ou política (no caso español, con autores como Jovellanos o Cabarrús, esta cuestión cobra máis relevancia), senón que a súa loita ía dirixida máis ben contra a ignorancia e la necesidade de instruír ao pobo, mergullado na ignorancia. Era preciso atopar novos camiños, novas institucións. Por este motivo, empezaron a articularse as Sociedades Económicas de Amigos do País e a xurdir centros como o Real Consulado da Coruña, entre outros. Os autores máis importantes desta etapa son o Padre Feijoo e o Padre Sarmiento. 2. Epígrafes do tema. A) Fr. Benito Feijoo B) Fr. Martín Sarmiento 3. Bibliografía a) Fuentes: FEIJOO, B. J.: Apología del escepticismo médico (1725) Teatro crítico universal (1726-1740) Satisfacción al Escrupuloso (1727) Respuesta al discurso fisiológico-médico (1727) Ilustración apologética al primero y segundo tomo del Teatro Crítico (1729)

Suplemento del Teatro Crítico (1740) Cartas eruditas y curiosas (1742-1760) Justa repulsa de inicuas acusaciones (1749) Adiciones a las Obras del muy ilustre y reverendísimo Padre Maestro D. F. Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1783) Obra selecta, (Prólogo y selección de textos por Eduardo Blanco Amor), Ed. Sálvora, colección Biblioteca de Autores Gallegos, Santiago de Compostela 1984. SOBRE SARMIENTO (disponibles en red) Demostración Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732) Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45) Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748) Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad (1757) El porqué si y el porqué no (1758) Discurso crítico sobre los maragatos Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743) Coplas gallegas Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado antiguamente en España Cartas (1739 agosto 5-1768 xaneiro 2)

De caminos (175-?) manuscrito] b) Bibliografía Secundaria: ABELLÁN, J.L: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días, Madrid, Espasa-Calpe, S.A., 1996. AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do Pensamento Galego,Vigo, IGESCO/Ed.Galaxia, 2001. ÁLVAREZ DE MORALES, Antonio: La Ilustración y la reforma de la universidad en la España del siglo XVIII; Ed. Pegaso, Madrid 1985 (3ª edición). BARREIRO BARREIRO, J.L.: O pensamento galego na Historia, Servicio de publicaciones de la USC, 1999. BLANCO AMOR, E.: Prólogo em Obras Completas, Biblioteca de Autores Gallegos, Citada. GUY, A.: Historia de la filosofía española, Barcelona, Anthropos, Editorial del hombre, 1985. MACEIRAS FAFIÁN, M. (Editor y coordinador) y AA.VV.: Pensamiento filosófico español. Vol. I. De Séneca a Suárez. Vol. II. Del Barroco a nuestros días. Ed. Síntesis, Madrid, 2002. MARTÍNEZ LOIS, A.: El padre Feijoo, naturaleza, hombre y conocimiento, Publicacións Diputación Provincial de A Coruña, 1989. MENÉNDEZ PELAYO, M.: Historia de los heterodoxos españoles, CSIC, Madrid 1962. OTERO PEDRAYO, R.: El padre Feijoo. Su vida, doctrinas e influencias, Instituto de Estudios Ourensanos, Ourense, 1972. PARDO BAZÁN, E.: Examen crítico de las obras del Padre Feijoo, Madrid 1877. SOBRE MARTIN SARMIENTO

Álvarez Giménez, Emilio (1884). Biografía del R. P. Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manuscritas. Pontevedra: Imprenta de José Millán. Álvarez Lires, María (2002). Sarmiento, científico da segunda Ilustración. Santiago: Universidad de Santiago Allegue Aguete, Pilar (1993). A filosofía ilustrada de fr. Martín Sarmiento. Vigo: Xerais. Avalle, Anselmo (1773). Oración Fúnebre que el M.R.P.M. fray Anselmo Avalle dixo (...) a la buena memoria de fr. Martín Sarmiento. Madrid: Pérez de Soto. Costa Rico, Antón (2002). Sarmiento. Vida e obra. Vigo: Xerais. Filgueira Valverde, José (1994). Fray Martín Sarmiento. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. López Peláez, Antolín (1895). El Gran Gallego. La Coruña: Andrés Martínez. Monteagudo, Henrique (2002). Martín Sarmiento, Sobre a lingua galega. Antoloxía. Edición, notas e índices. Vigo: Galaxia. Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2002). Fray Martín Sarmiento, el amador de la verdad. A Coruña: Diputación Provincial. Pensado Tomé, José Luis (1972). Fray Martín Sarmiento, testigo de su siglo. Salamanca: Universidad de Salamanca. Reguera Rodríguez, Antonio (2006). La obra geográfica de Martín Sarmiento. León: Universidad de León. Santos Puerto, José (2002). Martín Sarmiento. Ilustración, educación y utopía en la España del siglo XVIII. 2 vols. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.

4. Actividades a desenvolver. Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica dous textos correspondentes ao Padre Feijoo e ao Padre Sarmiento. TEMA 4. O século XIX: a descuberta da identidade 1. Sentido do tema (Introdución) En gran parte de Europa, as revoluciones nacionais están relacionadas coas liberales. Estas reivindicacions espertaron durante a época da revolución e o imperio napoleónico, espoleadas por un sentimiento de unidade fronte ao invasor extranxeiro e unha simplificación nacional que será a base dunha nova conciencia. Xurde así, tanto en Espala como en Galicia, o concepto de nación tomado principalmente da filosofía romántica alemana (Volkgeist). 2. Epígrafes do tema. A) O krausismo en España B) O rexurdimento: provincialismo e rexionalismo en Galicia 3. Bibliografía A) Fontes MURGUÍA, M.: Historia de Galicia Tomo I, Soto Freire, Lugo, 1865; Tomo II, Soto Freire, Lugo, 1866; Tomo III, Librería de Andrés Martínez, A Coruña, 1888; Tomo IV, Impresión y Librería de Carré, A Coruña, 1891; Tomo V, Ferrer, A Coruña, 1913. BRAÑAS, A.: El regionalismo, Fundación Alfredo Brañas, Santiago

PÉREZ GALDÓS, B. : Episodios Nacionales, Trafalgar. Volumen I, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.114 PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, El 19 de marzo y el 2 de mayo. Volumen II, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.160 PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, La campaña del Maestrazgo. Volumen XIII, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.166 PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, Cánovas. Volumen XXIII, Navarra: Espasa Calpe, 2008, pp. 360,382 B) Bibliografía secundaria: ABELLÁN, J. L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa- Calpe, Madrid, vol. IV, 1979. AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco, Vigo, 2001. BARREIRO BARREIRO, X. L.: O pensamento galego na historia, Ed. Universidade de Santiago de Compostela, Imprenta Universitaria, Pavillón de Servizos, Campus Universitario, 1990. BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: Manuel Murguía, Ed. Xerais, Vigo, 2013. PAREDES ALONSO, F. J. : Historia contemporánea de España: Siglo XIX, Barcelona: Editorial Ariel, 2004, pp. 141-149 VILLARES, R.: Historia de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo, 2004. 4. Actividades a desenvolver. Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica textos de Murguía e San del Río.

TEMA 5. O século XX no pensamento español e galego 1. Sentido do tema (Introdución) No século XX atopamos o pensamento español e galego maduro, con representantes da talla de Unamuno, Ortega, Zubiri, no pensamento español; e con nomes como Castelao, Risco, Otero Pedrayo ou Ramón Piñeiro, no caso do pensamento galego. Xa que logo, cómpre coñecer as características e representantes máis sobranceiros deste período para comprender a auténtica dimensión de ambas tradicións de pensamento e a súa influencia no presente. 2. Epígrafes do tema. A) Miguel de Unamuno B) A Escola de Madrid: José Ortega y Gasset C) Da Xeración Nós á Xeración Galaxia 3. Bibliografía Unamuno, Miguel. Del sentimiento trágico de la vida. Espasa Calpe, Madrid, 1983. Unamuno, Miguel. En torno al casticismo. Madrid: Espasa Calpe, 1991. Unamuno, Miguel. Vida de Don Quijote y Sancho. Madrid: Espasa Calpe, 1975. Unamuno, Miguel. Ensayos y artículos: selección de Esto y Aquello. Buenos Aires: Centro Editor de América Latina, 1969. Álvarez Gómez, Mariano. Unamuno y Ortega: la búsqueda azarosa de la verdad. Madrid: Biblioteca nueva, 2003. Marías, Julián. Miguel de Unamuno. Madrid: Espasa Calpe, 1971.

Sánchez Barbudo, Antonio. Miguel de Unamuno. Madrid: Taurus, 1974. Serrano Poncela, S. El pensamiento de Unamuno. México: Fondo de cultura económico, 1978. Ortega y Gasset, J. Obras Completas, Alianza Editorial o Ed. Taurus Madrid. Abellán, J.L. y Mallo, T., La escuela de Madrid. Un ensayo de filosofía. Madrid: Ed. Asamblea de Madrid, 1991. Cerezo Galán, P., La voluntad de aventura. Barcelona: Ed. Ariel filosofía, 1984. Cerezo Galán, P., José Ortega y Gasset y la razón práctica. Madrid: Ed. Biblioteca Nueva. Colección el arquero, 2011. Lasaga Medina, J., José Ortega y Gasset (1883-1955) Vida y filosofía. Madrid: Ed. biblioteca nueva, fundación José Ortega y Gasset, 2003. Marías, J. A cerca de Ortega. Madrid: Ed. Revista de Occidente. El alción, 1971. Bibliografía Xeración Nós Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego, IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001. José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999. AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed. Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008. Anxo GONZÁLEZ: O espírito e a lama das formas. A filosofía de Nós: Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Col. Cadernos do pensamento nº 9. BAÍA Ed. Santiago de Compostela. 2008 Carlos Baliñas: Pensamento galego I. Cadernos Populares. Ed. SEPT Enciclopedia Galega. Voces: Nos, xeración, Nos, revista.

Seminario de estudos galegos. Irmandades da fala. Revista Nós. Sobre o pensamento galego da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro. Boletín auriense.-- T. 5 (1975) ; p. 31-35 Importancia decisiva da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro. Grial.- - T. 16, n. 59 (xan.-marzo 1978) ; p. 8-13 A Ideoloxía da Xeneración Nós. Carlos Baliñas. Cuadernos de estudios gallegos.-- T. 47, fasc. 112 (2000) ; p. 303-324 A Construcción da moderna cultura galega : Nós.Maria Cuquejo Enriquez. Casa da gramática. N. 11 (mar. 2001) A Xeneración Nós na cultura galega. Fernandez del riego. Grial.- - T. 3, n. 7 (xan.-marzo 1965) ; p. 75-85. Bibliografía de Vicente Risco RISCO, Vicente Teoría do nacionalismo galego, Edición crítica de Justo Glez. Beramendi. Publicación de Santiago de Compostela: Fundación Vicente Risco: Sotelo Blanco, D.L. 2000 Nós, os inadaptados VVAA O pensamento galego na historia, Servizo de Publicacións da USC, 1999 Nacionalismo versus universidade de Mariano Luis Rodíguez, pp.327-329 RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, MANUEL Risco e o pensamento filosófico, Artigo de Grial, T.21, nº 80 (abril-xuño, 1983); Vigo; pp. 131-141 AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO Crónica viva do pensamento galego, IGESCO/Ed. Galaxia, Vigo, 2001; pp. 185-191 VARELA PUÑAL, RAMÓN Nacionalismo Dispar, Otega- Julián Marías versus Vicente Risco-Castelao: bases filosóficas do pensamento nacionalista. Director Carlos Baliñas Fernández Tese da USC. Facultade de Filosofía VVAA Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, de. Xerais/Consello da Cultura galega, Vigo; Santiago, 2008 4. Actividades a desenvolver. Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica dous textos correspondentes a José Ortega y Gasset e Castelao. Bibliografía de Castelao Castelao: cuadernos para el diálogo, edición en homenaxe a

Xesús Alonso Montero, 1999, Santiago de Compostela. AGÍS, M.: "Castelao educador", artigo na Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 30 - Febreiro 2001 El primer Castelao. Biografía y Antología Rotas, Durán, J.A., ed. Siglo XXI de España Editores, 1999, Madrid. La filosofía y sus márgenes. Homenaje al profesor Carlos Baliñas Fernández; Vences Fernández, Sergio; Ed. Univerdad de Santiago de Compostela, 1997, Santiago de Compostela. Castelao, A., Cousas. Vigo: Ed. Galaxia, 2005 Castelao, A., Sempre en Galiza. Vigo: Ed. Galaxia, 2004 5. Indicacións metodolóxicas e atribución de carga ECTS 5.1. Atribución de créditos ECTS TRABALLO HORA TRABALLO PERSOAL HOR PRESENCIAL NA AULA S DO ESTUDANTE AS Clases teóricas (con participación dos estudantes) 24 Seguimento do curso (Lecturas, documentación, prácticas, etc.) 45 Clases interactivas 24 Traballo escrito 29 Titorías 3 Estudo 25 Total 51 99 5.2. Actividades formativas na aula con presenza do profesor

A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes. B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes. C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.). 5.3. Recomendacións para o estudo da materia a) É moi importante asistir ás clases expositivas, aos seminarios e ás titorías. b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler algunha das obras propostas na bibliografía básica.

c) Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes dos libros/artigos manexados, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados. d) A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta materia. É importante resolver os problemas formulados polo profesor antes da súa resolución nas clases de seminario e nas titorías. e) A asistencia aos seminarios e titorías debe ser activa, é dicir, é moi importante participar e discutir co profesor e outros alumnos sobre a materia presentada nas clases expositivas. 5. Indicacións sobre a avaliación 6.1. Procedemento de avaliación A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o estudante non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere. A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase principalmente na realización dun traballo final escrito que o estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de clase. A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados: TIPO DE ACTIVIDAD PORCENTAXE NA NOTA FINAL Asistencia e participación nas sesións 5%

Titorías 5% Entrega de catro traballos escritos correspondentes ás clases interactivas (comentarios de texto, etc.) Lectura e recensión de dous libro seleccionados da bibliografía da materia Traballo final elaborado individualmente polo estudante, exposto na aula na sesión finais do curso e entregado por escrito 40% (10% cada un) 10% (5 e 5%) 40 % Exame, caso de non participar ou non superar a avaliación continua 6.2. Recomendacións para o estudo da materia 1) Coñecemento de linguas modernas. 2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos filosóficos. 3) Capacidade para traballar en equipo. 4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais. 6.3. Recomendacións de cara á avaliación O alumno/a debe elaborar os traballos escritos citando as fontes bibliográficas, consonte ás normas internacionais aceptadas. Debe incorporar ademais reflexións propias e orixinais. Para elaborar o esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría

do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudarlles a resolver as súas dificultades. É moi importante levar o traballo ao día e entregar as prácticas logo de ter realizado a posta en común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das prácticas todos xuntos ao final do semestre. 6.4. Recomendacións de cara á recuperación O profesor analizará con aqueles estudantes que nos superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.